Cine por un tubo en Bibliomalveiras

Cinemateca

Un libro é unha das mellores opcións para ocupar o teu tempo libre. Ler na praia, na biblioteca, na túa casa. A calquera conto, novela ou poema sácaslle partido pero…a quen non lle gusta unha boa peli?

Dende o ano pasado na biblioteca optouse por  adquirir exemplares dalgunhas peliculas como “El pianista” ou “OLiver Twist”, as dúas de Roman Polansky; clásicos do cine como “Cerdos y diamantes”; incluso estreas recentes como “Looper” e outras moitas máis.

Se estás interesado en pedir prestada algunha película xa sabes que están á túa disposición de forma gratuita. Simplemente tes que saber o nº do teu carnet de lector/a  (ou levalo contigo), elixir a peli e xa está, o mesmo procedemento que si foras pedir un libro.

Na páxina de Bibliomalveiras tes as pelis rexistradas ou pasa por alí e bótalles unha ollada!

Comenta isto